Convocatoria Xunta Directiva do 18 de novembro de 2019

CONVOCATORIA

 Pola presente convócase a todos os membros da xunta directiva da Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil – Bibei -Navea á sesión ordinaria que se celebrará na sede da asociación, sita na Praza do Reloxo, 11 no concello de A Pobra de Trives, o LUNS día 18 de NOVEMBRO, ás 18:30 horas en 1ª convocatoria e, ás 18:40 horas en 2ª convocatoria, para tratar os asuntos que se inclúen na seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores.
2. Proposta e aprobación, se procede, da previsión de gastos da submedida 19.4. Custes correntes e animación e promoción territorial, correspondentes á anualidade 2020, para a súa posterior autorización por parte de Agader.
3. Traspaso de fondos, se procede, da submedida 19.4 á submedida 19.2. para a convocatoria 2020-2021.
4. Estado de situación das cotas da Asociación.
5. Informe Presidencia.
6. Rogos e preguntas.

                                  En A Pobra de Trives, a 11 de novembro de 2019
                                   O presidente


                         Francisco Magide Bizarro

XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA

Scroll al inicio