Convocatoria Xunta Directiva do 02 de xullo de 2020-PROCEDEMENTO ESCRITO

CONVOCATORIA

Pola presente convócase a todos os membros da xunta directiva da “Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea á sesión por procedemento escrito, para tratar o asunto que se inclúe na seguinte orde do día:

1. Selección do proxecto de promoción e animación territorial para a anualidade 2020.

Prégase remitades a contestación por e-mail, da ELECCIÓN DO PROXECTO ELIXIDO, dando un prazo de dous días hábiles (tendo en conta o acordo de Xunta Directiva do 28 de xaneiro de 2015). O proxecto elixido será a opción máis votada.

                                  A Pobra de Trives, 29 de xuño de 2020
                                   O presidente


                         Francisco Magide Bizarro

XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA

Scroll al inicio